Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14984

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área de Ferrol da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista.

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol da seguinte asociación:

Aspanaes

Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista

Ferrol, 22 de febreiro de 2022

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol