Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Poio (expediente IN407A 2021/321-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS e substitución do CT gasolineira Raxó.

Situación: Poio.

Características técnicas: substitución do centro de transformación (CT) gasolineira Raxó (36AG21) por outro centro de transformación compacto telecontrolado GSM/GPRS/FO 2L1P de 250 kVA e relación de transformación 20.000/400 V. Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ1 de 19 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado 9C512CS9//106CT e final no CT proxectado. As instalacións están situadas en Raxó, no concello de Poio (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
(http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/321-4.

Denominación: LMTS e substitución do CT gasolineira Raxó.

Concello: Poio.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Rúa Valdemos Raxó, 21

Urbana

954051NG2905S0001AQ

María Burgos Besada

CT

17,0