Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 6124 e trece máis).

Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, das resolucións das súas solicitudes de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que as resolucións relacionadas no anexo non esgotan a vía administrativa e que poderán interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Vigo, 14 de febreiro de 2022

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data resolución

6124

Y7144068Y

22.12.2021

50081

AV117270

12.1.2022

50273

AW706855

12.1.2022

53346

GA085517

12.1.2022

50348

GA085516 (representante GA085517)

12.1.2022

50418

P486691

12.1.2022

50787

Y7842237X

12.1.2022

52859

Y8832011W

21.12.2021

53268

AB0621936

16.12.2021

53653

Y8364708J

11.1.2021

53669

Y4345703M

23.12.2021

53690

FP762656

17.1.2022

53877

156753799

21.1.2022

53956

111681163

20.1.2022