Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 11 de febreiro de 2022 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 13-17-21-04.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Cómpre indicar que a resolución que pon fin ao procedemento, ademais da multa, acorda, a ao abeiro do establecido no artigo 142 da Lei de portos de Galicia, a adopción da medida de reposición da legalidade coa desatracada da embarcación de nome Faneca Brava da praza de amarre que ocupa no porto de Bueu, desatracada que se deberá producir nun prazo máximo de 10 días contados desde a publicación da presente cédula, advertindo, para o caso de incumprimento, que a dita retirada se poderá efectuar por Portos de Galicia de maneira subsidiaria e por conta do propietario da embarcación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado mediante a Resolución do 29 de agosto de 2018, no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2022

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto

infrinxido

Precepto sancionador

Importe

da sanción

Sanc. 13-17-21-04

7ª-VI-5-278

Gardapeiraos

52492502Q

Atracada sen autorización.

8.8.2020; Bueu

(Pontevedra)

Art. 131.a), b) e p) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) en relación cos artigos 78.7 e 78.9 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976

Art. 137 da LPG

1.200 €