Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2022 Páx. 14705

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2022 pola que se publica a acta de entrega do cambio de titularidade de estrada que se formalizou co Concello do Pereiro de Aguiar.

O artigo 18 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, no seu punto 8, impón a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia e no boletín oficial da provincia correspondente unha relación das actas de entrega dos cambios de titularidade asinados coas entidades locais, para os efectos do seu coñecemento por terceiros.

Con data do 27.1.2022, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello do Pereiro de Aguiar formalizaron a entrega dun sobrante de 72 metros da estrada OU-0507 Castadón (OU-536)-San Miguel do Campo (OU-0507), localizado entre os puntos quilométricos 0+980 e 1+140, na marxe dereita, a prol do Concello.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Que se publique a antedita acta de entrega do cambio de titularidade da estrada que se asinou entre a Deputación Provincial de Ourense e o Concello do Pereiro de Aguiar.

Ourense, 31 de xaneiro de 2022

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense