Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2022 Páx. 13991

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 18 de febreiro de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo convocados mediante a Orde do 22 de outubro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 10 de novembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo na Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, mediante a Orde do 22 de outubro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 216, do 10 de novembro, de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto,

DISPOÑO:

Primeiro. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ao persoal funcionario que se expresa no anexo I desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 22 de outubro de 2021.

Segundo. O cesamento no actual destino do persoal funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o persoal funcionario está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2022

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía,
Empresa e Innovación

ANEXO I

Apelidos e nome: Fernández Vila, Pablo.

DNI: ***6881**.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo ou escala: 2060-corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código de posto: EI.C99.10.000.32001.001.

Denominación do posto: xefe/a territorial.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Nogueiras Nieto, Tomás.

DNI: ***1339**.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo ou escala: 2064-corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría industrial.

Código de posto: EI.C99.10.000.36001.001.

Denominación do posto: xefe/a territorial.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.