Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2022 Páx. 14060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 17 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Monte Contado e a súa infraestrutura eléctrica de evacuación, nos concellos de Castroverde e Lugo (expediente IN408A 2017/13).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir.

Antecedentes:

• O 26.10.2017, Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. (actualmente Naturgy Renovables, S.L.U.) solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de utilidade pública, así como a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico Monte Contado.

• O 31.1.2019, a promotora solicitou unha modificación substancial do parque eólico, consistente de forma xeral, no desprazamento dalgúns aeroxeradores e da subestación e na incorporación das infraestruturas de evacuación que foi admitida a trámite pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

• O 26.4.2021, a promotora achega o proxecto de interese autonómico refundido, incluíndo as instalacións do parque eólico e as da súa infraestrutura de evacuación.

• O 15.9.2021, a promotora presentou un novo estudo de impacto ambiental en que incluía as consideracións requiridas por esa dirección xeral o 30.8.2021.

• O 5.10.2021, a promotora solicita a desistencia respecto da declaración de utilidade pública e da continuidade da tramitación do expediente.

• Con data do 9.12.2021, e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achega a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

Solicitante. Promotora: Naturgy Renovables, S.L.U., NIF B84160423.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Monte Contado. Proxecto de execución de parque eólico e de infraestrutura eléctrica de evacuación.

Municipios afectados: Castroverde e Lugo.

Características técnicas das instalación:

Potencia instalada: 31,05 MW.

Produción neta anual estimada: 112.111 MWh/ano.

Orzamento de execución material parque eólico: 21.454.091,02 €.

Orzamento de execución material infraestrutura eléctrica evacuación parque eólico: 3.073.558,57 €.

Coordenadas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (huso 29)

UTM-X

UTM-Y

A

629.800

4.766.300

B

629.800

4.769.200

C

624.550

4.769.200

D

624.550

4.766.300

Características técnicas das instalacións eléctricas:

• 9 aeroxeradores modelo Enercon E-138 de 3,5 MW, ou similar, de 3.450 kW de potencia nominal unitaria cunha altura de buxeiro de 154 metros e un diámetro de rotor de 138 m, situados nas seguintes coordenadas:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (huso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

L8-01

628.995

4.766.853

Castroverde

L8-02

628.773

4.767.111

Castroverde

L8-03

628.370

4.767.196

Castroverde

L8-04

627.632

4.767.338

Lugo

L8-05

627.230

4.767.237

Lugo

L8-06

626.837

4.767.365

Lugo

L8-07

626.370

4.767.653

Lugo

L8-08

626.372

4.768.170

Lugo

L8-09

626.158

4.768.631

Lugo

• 9 centros de transformación, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores de 4.000 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,65.30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Rede colectora soterrada de 30 kV, conformada polos cables de MT, con condutor tipo RHZ1-2OL 18.30 kV, os cables de comunicación e os cables de terra, que unen os aeroxeradores entre si e coa subestación elevadora, co obxecto de evacuar a enerxía xerada.

• Estación anemométrica do parque eólico equipada cunha torre auto soportada de 154 m de altura ca seguinte localización:

Datum ETRS89 (huso 29)

UTM-X

UTM-Y

626.068

4.768.345

• Subestación PE Monte Contado 30.132 kV tipo GIS.HIS constituída por:

– Un parque a intemperie no que se instala unha posición liña-transformador en 132 kV con tecnoloxía HIS.

– Un transformador 30.132 kV de 30.35 MVA.

– Un edificio prefabricado que alberga as celas de MT e elementos auxiliares.

• Liña de evacuación da enerxía eléctrica xerada polo PE Monte Contado de 132 kV de tensión nominal cun trazado que discorre polos concellos de Castroverde e Lugo e que se divide en dous tramos, un aéreo de 7.484,98 m entre o pórtico da subestación PE Monte Contado e o apoio nº 34 da LAT de paso aéreo-soterrado con conductor 147-AL 1.34-ST 1A (LA-180) y OPGW 24 FO e un tramo soterrado de 285 m entre o apoio nº 34 de paso aéreo-soterrado e a nova posición HIS da subestación do PE Monciro 20.132 kV con cable tipo 76.132 kV RHZ1-2OL(S) 1×630 mm2 AL + H165.

• Ampliación dunha nova posición de liña 132 kV con tecnoloxía HIS e acometida en soterrado na subestación PE Monciro 20.132 kV.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

• Proxecto de execución (visado nº 201900196, data 10.6.2020).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 14.9.2021).

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (visado nº 201900196, data 22.4.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo, 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39), así como nos concellos de Lugo e Castroverde (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do seguinte enlace:

https://ceei.xunta.gal.transparencia.parque-eolico.monte-contado

Lugo, 17 de febreiro de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo