Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2022 Páx. 14069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de varios expedientes sancionadores en materia de industria (expediente IN635C 2021/83-4 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ás persoas interesadas que se relacionan no anexo a resolución do expediente sancionador en materia de industria, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación para, sita na avenida Mª Victoria Moreno, núm. 43, 5º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar a documentación solicitada e presentar as alegacións, informacións ou probas que consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: IN635C 2021/83-4.

Interesado/a:

NIF: 35296715H.

Acto notificado: resolución.

Expediente sancionador: IN635C 2021/88-4.

Interesado/a:

NIF: 34953227N.

Acto notificado: resolución.