Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2022 Páx. 13987

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión dunha árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer pública a inclusión da seguinte árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante Resolución do 10 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 31.8.2021.

Código: 160A.

Nome da árbore: Castiñeira de Ramil.

Especie: Castanea sativa mill.

Localidade: Ramil.

Concello: Triacastela.

Provincia: Lugo.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 644.750/4.735.218.

Motivo da catalogación: dendrometría.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2022

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural