Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2022 Páx. 14692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 50, situado na zona marítimo-terrestre do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 27 de xaneiro de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 50 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.529,00 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actuais titulares: Gonzalo Berride Ferreira (***4917**), Santiago Fernando Berride Ferreira (***2885**), Carlos Berride Abalo (***8173**) e Antón Berride Abalo (***8173**).

Nova titular: Patricia de Sousa Mougán (***8797**).

A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: a nova titular deberá achegar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 31 de xaneiro de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo