Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2022 Páx. 14685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a Resolución do 9 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, que modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Fonteo (Baleira-Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou sendo o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución ditada no expediente da zona de concentración parcelaria de Fonteo (Baleira-Lugo).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto administrativo notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Acto notificado: Resolución do 9 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, que modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Fonteo (Baleira-Lugo).

Durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a Consellería do Medio Rural, na forma legalmente prevista.

Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19, a comparecencia solicitarase a través do teléfono 982 29 44 93.

Lugo, 8 de febreiro de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de titular

DNI/nome

8

33776838G

130

46240629A

130

46240630G