Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13403

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira do corpo de Policía Local, escala básica, categoría policía (Administración especial, subescala de servizos especiais), grupo C, subgrupo C1.

Por Decreto da Alcaldía núm. 218, do 16 de febreiro de 2022, acordouse nomear a Pablo Rodríguez Santín, con DNI núm. ***8304**, funcionario de carreira do corpo de Policía Local do Concello do Barco de Valdeorras, escala básica, categoría policía (Administración especial, subescala de servizos especiais), grupo C, subgrupo C1, praza incluída na OEP 2020.

A partir da última das publicacións do anuncio do nomeamento no BOP de Ourense e no DOG comezará a contar o prazo dun mes para tomar posesión.

No BOP de Ourense núm. 40, do 18.2.2022, publicouse o anuncio deste nomeamento.

O que se fai público para os efectos do artigo 25.2 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

O Barco de Valdeorras, 18 de febreiro de 2022

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde