Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13326

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022 pola que se resolve o concurso convocado pola Resolución do 4 de maio de 2021 para a provisión de postos vacantes no cadro de persoal funcionario, correspondentes aos subgrupos A1, A2 e C1.

Elevada pola Comisión de Avaliación a proposta definitiva de adxudicación de postos, o xerente no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 30 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios (DOG do 11 de maio) resolve:

1. Adxudicarlle ao persoal funcionario que se relaciona no anexo, os postos de traballo que nel se especifican, con efectos económicos e administrativos do día 1 de marzo de 2022.

2. Adxudicarlle con carácter definitivo, a Enrique José López Veloso o posto de Xefatura da Oficina de Mobilidade (código PF000962), en virtude do establecido na base 9.2 da Resolución do 4 de maio de 2021 pola que se convoca o procedemento e segundo a cal, a autoridade convocante poderá adxudicarlle con carácter definitivo un posto no campus onde está actualmente destinado/a, sempre que resulten vacantes postos incluídos no intervalo de niveis do subgrupo a que pertenza o/a funcionario/a.

3. A adxudicación destes postos supón a imposibilidade, para o persoal nomeado, de participar durante seis meses nos concursos que se convoquen.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2022

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Quenda

Campus

Persoa proposta

Puntuación total

Observacións

PF000030

Letrado/a

Servizo de Asesoría Xurídica

Mañá

Compostela

Soengas Seoane, María Carmen

75,82

PF000009

Xefatura de servizo

Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado

Mañá

Compostela

Ríos López, María Carmen

63,14

PF000012

Xefatura de servizo

Servizo Xestión da Oferta e Programación Académica

Mañá

Compostela

Lamas Alvariño, Jesús Juan

63,90

Comparte dependencia funcional coa Vicerreitoría de Organización Académica

PF000013

Xefatura de servizo

Servizo de Xestión Económica

Mañá

Compostela

Pérez González, José Delfín

77,42

PF000965

Xefatura de subárea.

Subárea de Convocatorias e Recursos Humanos. Área de Xestión de Investigación

Mañá

Compostela

Boquete Botana, Manuel

63,63

PF000966

Xefatura de subárea

Subárea Económica. Área de Xestión de Investigación

Mañá

Compostela

Basante Barbazán, José Ramón

69,52

PF000033

Xefatura de sección de administración

Sección de Servizos á Comunidade Universitaria. Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado

Mañá

Compostela

Delgado Suárez, José Antonio

53,76

PF000041

Xefatura de sección de administración

Sección de Tesouraría. Servizo de Contabilidade e Orzamentos

Mañá

Compostela

Pazo Regueiro, María Carmen

53,15

PF000044

Xefatura de sección de administración

Sección de Infraestruturas e Patrimonio. Área de Arquitectura e Urbanismo

Mañá

Compostela

Pasarín Pereira, María Dolores

61,11

Comparte Área de Operación de Infraestruturas/Comparte dependencia funcional Servizo Xestión Económica

PF000048

Xefatura de sección de administración

Sección de Xestión de PAS. Servizo de Xestión de Persoal

Mañá

Compostela

Villar García, Beatriz

65,36

PF000049

Xefatura de sección de administración

Sección de Programación e Selección de Profesorado. Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador

Mañá

Compostela

Domínguez González, Virginia

47,55

PF000051

Xefatura de sección de administración

Sección de Convocatorias e Programas de I+D.

Subárea de Convocatorias e Programas de Recursos Humanos. Área de Xestión de Investigación

Mañá

Compostela

López Gómez, Javier

64,53

PF000103

Responsable de unidade

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Mañá

Compostela

Sieiro Negro, Elena

51,62

PF000107

Responsable de unidade

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Filoloxía

Mañá

Compostela

Meitín Suárez, Rosalía

60,19

PF000108

Responsable de unidade

Unidade Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Física

Mañá

Compostela

Carral López, José Luis

60,61