De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación LMTS, CT Cima de Vila (expediente IN407A 2021/241-4) e a afección da parcela indicada no anexo.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 28 de decembro de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2021/241-4.
Denominación: LMTS, CT Cima de Vila.
Concello: Fornelos de Montes.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
CT m2 |
Afeccións servidume m2 |
1 |
Eido Fon |
Carballeira |
36019A001002030000ER |
Descoñecido/a |
24 |
14 |