Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13143

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Punxín

ANUNCIO de exposición pública do expediente para a aprobación do escudo e da bandeira.

Mediante o Acordo do Pleno, do 27 de xaneiro de 2022, acordouse someter a exposición pública o expediente para a aprobación do escudo e a bandeira do Municipio de Punxín, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 16 do Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia aprobado polo Decreto 19/2010, do 11 de febreiro.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [enderezo https://http://punxin.sedelectronica.gal].

Punxín, 2 de febreiro de 2022

Manuel Vázquez Fernández
Alcalde