Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2021/193-1).

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 31, do 15 de febreiro de 2022, na páxina 11322, cómpre facer a seguinte corrección:

Engadir despois de características técnicas o seguinte parágrafo: «Liña de alta tensión de 15 kV soterrada, con inicio e fin na liña de distribución SMR 701, entre os CT 15CXQ9 e 15CIE4, logo de entrar e saír no CT proxectado. Condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1×240 mm²) Al, 86 m de lonxitude».