Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12727

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2022 pola que se publica a modificación do plan de estudos de graduado ou graduada en Náutica e Transporte Marítimo.

O plan de estudos do título de graduado ou graduada en Náutica e Transporte Marítimo pola Universidade da Coruña foi publicado por Resolución do 16 de xullo de 2015 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 3 de agosto, unha vez establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 11 de febreiro de 2011, publicado mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 25 de febreiro de 2011 no BOE do 16 de marzo de 2011.

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do grao en Náutica e Transporte Marítimo que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) o día 12 de maio de 2021.

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de graduado o graduada en Náutica e Transporte Marítimo pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2021/22.

A Coruña, 10 de febreiro de 2022

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de graduado ou graduada
en Náutica e Transporte Marítimo pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 2502213.

Plan de estudos que se inicia no curso 2021/22.

Este título é necesario, xunto co cumprimento doutros requisitos, para obter o título profesional de piloto de segunda da mariña mercante, de acordo co disposto no Real decreto 973/2009, do 12 de xuño, polo que se regulan as titulacións profesionais da mariña mercante (BOE do 2 de xullo), modificado polo Real decreto 80/2014, do 7 de febreiro (BOE do 21 de febreiro) e o Real decreto 938/2014, do 7 de novembro (BOE do 8 de novembro).

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de disciplina:

Tipo de disciplina

Créditos ECTS

Formación básica (FB)

Obrigatorias (OB)

Optativas (OP)

Traballo fin de grao (TFG)

60

90

78

12

Total

240

Os 78 créditos optativos distribúense como se indica a seguir:

– Mención en Operación Náutica do Buque:

Disciplinas de obrigado cumprimento de mención (OBM): 69 créditos.

Disciplinas optativas de mención (OPM): 9 créditos.

– Mención en Xestión e Administración Marítima:

Disciplinas de obrigado cumprimento de mención (OBM): 66 créditos.

Disciplinas optativas de mención (OPM): 12 créditos.

3. Mencións do título:

– Mención en Operación Náutica do Buque.

– Mención en Xestión e Administración Marítima.

4. Contido do plan de estudos.

4.1. Créditos de formación básica: distribución por materias e ramas de coñecemento.

Rama de coñecemento

Materia básica

Disciplina

Créditos ECTS

Curso

Enxeñaría e Arquitectura

Expresión Gráfica

Expresión Gráfica

6

Física

Física

6

Informática

Informática

6

Informática Aplicada

6

Matemáticas

Matemáticas I

6

Matemáticas II

6

Química

Química

6

Ciencias Sociais e Xurídicas

Empresa

Empresa e Dereito

6

Dereito

Artes e Humanidades

Idioma Moderno

Inglés

6

Inglés Técnico Marítimo

6

4.2. Contido do plan de estudos por módulo.

Módulo

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Curso

Formación Básica

Matemáticas I

FB

6

Expresión Gráfica

FB

6

Física

FB

6

Empresa e Dereito

FB

6

Matemáticas II

FB

6

Química

FB

6

Inglés

FB

6

Informática

FB

6

Informática Aplicada

FB

6

Inglés Técnico Marítimo

FB

6

Formación obrigatoria náutica común e específica en náutica e transporte marítimo

Construción Naval

OB

6

Hixiene Naval e Riscos Laborais

OB

6

Economía Marítima

OB

6

Navegación I

OB

6

Electricidade e Electrónica

OB

6

Sistemas Enerxéticos e Auxiliares do Buque

OB

6

Teoría do Buque I

OB

6

Seguridade Marítima

OB

6

Manobra I

OB

6

Navegación Astronómica

OB

6

Estiba

OB

6

Meteoroloxía e Oceanografía

OB

6

Dereito Marítimo I

OB

6

Regulamento para Previr Abordaxes no Mar e Análise de Accidentes

OB

6

Contaminación Mariña e Atmosférica

OB

6

Módulo optativo. Mención en Operación Náutica do Buque

Navegación II

OBM

6

Manobra II

OBM

6

Radiocomunicacións Marítimas

OBM

6

Buques Tanque

OBM

6

BRM & ISM & ISPS

OBM

6

Transportes Especiais

OBM

6

Simulación Náutica

OBM

6

Dereito Marítimo II

OBM

6

Teoría do Buque II

OBM

6

Mantemento e Inspeccións

OBM

6

Prácticas Externas en Buque

OBM

9

Cargas Pesadas e de Proxecto

OPM

4,5

Inglés Aplicado

OPM

4,5

Xestión de Náutica Deportiva

OPM

4,5

Sistemas de Regulación e Control

OPM

4,5

Módulo optativo. Mención en Xestión e Administración Marítima

Sistemas de Navegación e Comunicacións

OBM

6

Inspeccións Marítimas

OBM

6

Xestión de Empresas Marítimas

OBM

6

Códigos e Convenios Internacionais

OBM

6

Xestión da Seguridade, a Calidade e o Medio Ambiente Marítimo

OBM

6

Xestión da Contaminación

OBM

6

Administración Marítima

OBM

6

Prácticas Externas en Empresa

OBM

24

Operador dos Servizos de Tráfico Marítimo e Centros de Coordinación de Salvamento

OPM

6

Investigación de Accidentes Marítimos

OPM

6

Xestión de Proxectos

OPM

6

Inspeccións Marítimas da Carga

OPM

6

Inglés Comercial Marítimo

OPM

6

Xestión de Instalacións Náutico Deportivas

OPM

6

Traballo de fin de grao

Traballo de fin de grao. Operación Náutica do Buque

TFG

12

Traballo de fin de grao. Xestión e Administración Marítima

TFG

12

4.3. Contido do plan de estudos por curso académico.

Primeiro curso.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Matemáticas I

FB

6

Expresión Gráfica

FB

6

Física

FB

6

Construción Naval

OB

6

Empresa e Dereito

FB

6

Matemáticas II

FB

6

Química

FB

6

Inglés

FB

6

Hixiene Naval e Riscos Laborais

OB

6

Informática

FB

6

Segundo curso.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Economía Marítima

OB

6

Navegación I

OB

6

Sistemas Enerxéticos e Auxiliares do Buque

OB

6

Electricidade e Electrónica

OB

6

Teoría do Buque I

OB

6

Inglés Técnico Marítimo

FB

6

Manobra I

OB

6

Informática Aplicada

FB

6

Seguridade Marítima

OB

6

Navegación Astronómica

OB

6

Terceiro curso. Mención en Operación Náutica do Buque.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Estiba

OB

6

Meteoroloxía e Oceanografía

OB

6

Dereito Marítimo I

OB

6

Regulamento para Previr Abordaxes no Mar e Análise de Accidentes

OB

6

Contaminación Mariña e Atmosférica

OB

6

Navegación II

OBM

6

Manobra II

OBM

6

Radiocomunicacións Marítimas

OBM

6

Buques Tanque

OBM

6

BRM & ISM & ISPS

OBM

6

Terceiro curso. Mención en Xestión e Administración Marítima.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Estiba

OB

6

Meteoroloxía e Oceanografía

OB

6

Dereito Marítimo I

OB

6

Regulamento para Previr Abordaxes no Mar e Análise de Accidentes

OB

6

Contaminación Mariña e Atmosférica

OB

6

Sistemas de Navegación e Comunicacións

OBM

6

Inspeccións Marítimas

OBM

6

Xestión de Empresas Marítimas

OBM

6

Códigos e Convenios Internacionais

OBM

6

Xestión da Seguridade, a Calidade e o Medio Ambiente Marítimo

OBM

6

Cuarto curso. Mención en Operación Náutica do Buque.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Transportes Especiais

OBM

6

Simulación Náutica

OBM

6

Dereito Marítimo II

OBM

6

Teoría do Buque II

OBM

6

Mantemento e Inspeccións

OBM

6

Prácticas Externas en Buque

OBM

9

Cargas Pesadas e de Proxecto

OPM

4,5

Inglés Aplicado

OPM

4,5

Xestión de Náutica Deportiva

OPM

4,5

Sistemas de Regulación e Control

OPM

4,5

Traballo Fin de Grao. Operación Náutica do Buque

TFG

12

Cuarto curso. Mención en Xestión e Administración Marítima.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Xestión da Contaminación

OBM

6

Administración Marítima

OBM

6

Prácticas Externas en Empresa

OBM

24

Operador dos Servizos de Tráfico Marítimo e Centros de Coordinación de Salvamento

OPM

6

Investigación de Accidentes Marítimos

OPM

6

Xestión de Proxectos

OPM

6

Inspeccións Marítimas da Carga

OPM

6

Inglés Comercial Marítimo

OPM

6

Xestión de Instalacións Náutico Deportivas

OPM

6

Traballo Fin de Grao. Xestión e Administración Marítima

TFG

12

No 4º curso o alumnado debe elixir 2 disciplinas OPM das ofertadas en cada mención.

A unidade temporal de todas as disciplinas é cuadrimestral, a excepción do traballo fin de grao, que é anual.

5. Condicións de terminación.

O alumnado, unha vez elixida unha mención, deberá superar 240 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de graduado ou graduada en Náutica e Transporte Marítimo pola Universidade da Coruña.