Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2020/00064).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal ao interesado, notifícase á persoa que no anexo se menciona que, examinada a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito presentada de xeito individual polo outro membro da parella, e de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro, con esta data resolvo publicar por este medio o emprazamento para trámite de audiencia, a fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense, para que poida consultalo e formular as alegacións e xustificacións que considere procedentes, durante un prazo de quince días desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presenten, ditarase a resolución que corresponda.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 3 de febreiro de 2022

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

OU-2020/00064

45952327Y