Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150020020 e un máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións das reclamacións previas ditadas pola Xefatura Territorial no último domicilio das persoas interesadas sen que estas se puidesen efectuar por causa non imputable á Administración, a través deste anuncio notifícanselles as ditas resolucións ás persoas citadas nos anexos emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2, 4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións. Transcorrido o prazo, de non facelo, teranse por efectuadas as notificacións ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Infórmase, como consta nas devanditas resolucións que esgotan a vía administrativa, que contra elas poderán interpoñer demanda perante o Xulgado do Social dentro dos trinta (30) días seguintes á data da súa notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada DNI/NIE

Resolución

Data da resolución

150020020

32677635V

Estimación

8.10.2021

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada DNI/NIE

Resolución

Data da resolución

150017118

32384426N

Desestimación

12.11.2021