Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150045721 e sete máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas solicitantes sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanselles os requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, núm. 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento íntegro do acto. Transcorrido o dito prazo, de non facelo, terase por practicada a notificación ao vencemento do dito prazo indicado para compareceren.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non efectuaren a emenda no prazo de dez (10) días establecido nos requirimentos contados desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teráselles por desistido das súas solicitudes, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150045721

47401928D

Requirimento de emenda da solicitude

23.9.2021

150045821

53798072Z

Requirimento de emenda da solicitude

23.9.2021

150054921

32674800B

Requirimento de emenda da solicitude

22.11.2021

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150078021

X1628251N

Requirimento de emenda da solicitude

7.10.2021

150080621

32961971G

Requirimento de emenda da solicitude

15.11.2021

150084021

X3412342Q

Requirimento de emenda da solicitude

2.11.2021

150084321

77032093X

Requirimento de emenda da solicitude

23.11.2021

150086121

33244051N

Requirimento de emenda da solicitude

12.11.2021