Mediante Resolución da Alcaldía deste concello, do 22 de xaneiro de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, que cumpre as previsións do artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se relacionan:
Persoal laboral:
Denominación |
Categoría |
Indefinido non fixo sen sentenza. Ocupado |
Indefinido non fixo por sentenza. Ocupado |
Persoal interino. Ocupado |
Vacante. Número de prazas |
Sistema de acceso |
Auxiliar de axuda a domicilio SAF |
Auxiliar |
5 Estabilización *Concurso |
2 Estabilización *Concurso |
7 |
Concurso |
|
Auxiliar administrativa |
Auxiliar |
1 Estabilización Concurso-oposición |
1 |
Concurso-oposición |
||
Peón servizos múltiples |
Operario |
1 Estabilización Concurso |
1 |
Concurso |
||
Condutor/a tractor rozadora |
Condutor |
1 Estabilización *Concurso |
1 |
Concurso |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Amoeiro no Diario Oficial de Galicia.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interporse alternativamente o recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente ao dereito.
Amoeiro, 31 de xaneiro de 2022
José Luis González López
Alcalde presidente