Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2022 Páx. 12285

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2022 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a superior de investigación (espectrometría de masas), grupo I, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 21 de decembro de 2021 (DOG do 13 de xaneiro) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas praza da categoría profesional de técnico/a superior de investigación (espectrometría de masas), grupo I, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela