Mediante a Resolución reitoral do 21 de decembro de 2021 (DOG do 13 de xaneiro) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas praza da categoría profesional de técnico/a superior de investigación (resonancia magnética nuclear), grupo I, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna nas citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2022
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela