Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2022 Páx. 12282

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2022 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala técnica superior polo sistema de promoción interna.

Unha vez vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, por promoción interna, na escala técnica superior, subescalas do subgrupo A1 da Universidade da Coruña, convocadas mediante a Resolución do 27 de agosto de 2019 (DOG do 9 de setembro).

Verificada a concorrencia nos aspirantes aprobados dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada mediante a Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios de carreira da escala técnica superior, subescalas do subgrupo A1 da Universidade da Coruña, os aspirantes aprobados polo sistema de promoción interna que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 10 de febreiro de 2022

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Subgrupo A1. Escala técnica superior-subescala deportes.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***0462**

Domínguez Costas, Eva María

99,46

Subgrupo A1. Escala técnica superior-subescala normalización lingüística.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***7067**

Pino Ramos, Sara

110,40

2

***9774**

Mosquera Carregal, Xesús Manuel

104,70

Subgrupo A1. Escala técnica superior-subescala secretario técnico (UTC).

Declarada deserta.

Subgrupo A1. Escala técnica superior-subescala superior (relacións laborais e acción social).

Declarada deserta.