Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2022 Páx. 12352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2022 pola que se aproba o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto do Vicedo (O Vicedo).

A Área de Explotación e Planificación Portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia redactou o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) do porto do Vicedo, instalacións portuarias situadas no termo municipal do Vicedo, na provincia de Lugo, e adscritas á entidade pública para a súa xestión.

Este documento foi redactado e tramitado de acordo co disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 236, do 14 de decembro).

Na reunión do Consello Reitor de Portos de Galicia que tivo lugar o día 22 de decembro de 2022, este acordou dar a súa conformidade á proposta da DEUP do porto do Vicedo, así como elevala e propoñela para a súa aprobación a través da Consellería do Mar.

Unha vez visto o informe da xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria de Portos de Galicia do 15.12.2021 sobre o trámite da proposta da DEUP, que conta coa conformidade do director da entidade pública empresarial, así como o acordo do seu Consello Reitor do 22.12.2021, dando a conformidade á proposta da DEUP do porto do Vicedo e elevándoa e propoñéndoa para a súa aprobación, a Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia, por delegación da conselleira do Mar conferida pola Orde do 30 de marzo de 2012,

RESOLVE:

Aprobar o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto do Vicedo (O Vicedo, Lugo), datado en decembro de 2020 e asinado polas enxeñeiras de camiños, canais e portos Sara Calvo Fernández e Ana Mansilla Piñón, como autoras, Andrés D. Cervantes Refojos, como xefe do Departamento de Planificación Portuaria de Portos de Galicia, e Ana Isabel Calzadilla Bouzón, como xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria da dita entidade pública.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia