Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 12099

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de orde de execución de xestión da biomasa vexetal da parcela 193 do polígono 5, rúa Carbón (Bamio).

De acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común (LPAC), as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Por iso, ao non ser posible a notificación do acto que se indica a continuación, publícase o presente anuncio.

Infórmase que o texto integro se atopa á disposición das persoas interesadas, xunto ao resto da documentación do expediente na Xerencia de Urbanismo, situada na casa do concello, praza Ravella, nº 1, 4ª andar, Vilagarcía de Arousa, onde poderán examinalo, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte a publicación deste edicto no BOE.

Expediente Disciplina Urbanística D6/22. Resolución da Alcaldía, do 27.1.2022, pola que se inicia un expediente de orde de execución aos herdeiros da persoa con DNI 35330759E, titulares da parcela con referencia catastral 36060A00500193, na rúa Carbón, Bamio, requiríndolles que, no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte á notificación desta resolución, procedan ao cumprimento do deber de roza da maleza, eliminación de eucaliptos, piñeiros e calquera especie arbórea sinalada na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.

Vilagarcía de Arousa, 28 de xaneiro de 2022

Alberto Varela Paz
Alcalde