Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 12050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do procedemento de reclamación eléctrica do expediente IN635A 2021/82-3.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas na rúa Curros Enríquez, número 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 4 de febreiro de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

CIF/NIF interesado/a

Núm. de expediente

Acto notificado

Acto adoptado por

Data do acto

44480514D

IN635A 2021/82-3

Resolución

O xefe territorial

13 de outubro de 2021