Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 12061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 23 de decembro de 2021 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 613 (recinto 1) e 689 (recinto 2) do polígono 6, zona 6, do termo municipal de Castro de Rei.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 23 de decembro de 2021, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 613 (recinto 1) e 689 (recinto 2) do polígono 6, zona 6, do termo municipal de Castro de Rei.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 22 de novembro de 2021.

Lugo, 1 de febreiro de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo