Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2022 Páx. 11781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoio 9PC5DE00 da VLG802 e instalación de TLC, no concello de Sanxenxo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/178-4).

A instalación denominada Substitución apoio 9PC5DE00 da VLG802 e instalación de TLC, no concello de Sanxenxo, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 16 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 19 de abril de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Sanxenxo.

As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informando de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vigo, 26 de xaneiro de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1 do Decreto 230/2020,
do 23 de decembro)
Gema Mouriño de Lucas
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Substitución apoio 9PC5DE00 da VLG802 e instalación de TLC

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

Concello

1

36051A017005160001GE

Veiga

CYC Piñeiro, S.L.

1

12,43

Sanxenxo

2

36051A017005140001GI

Veiga

Descoñecido

1

0,95

Sanxenxo

3

36051A017006030000FI

Pedra

CYC Piñeiro, S.L.

1

2,78

Sanxenxo