Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2022 Páx. 11634

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle de agregación das parcelas 13-14 do quinteiro 1206 (praza Maior, números 4 e 5) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e da súa zona de influencia (PEPRI).

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 30.12.2020, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente, de conformidade co informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de data do 1.12.2020, o estudo de detalle de agregación das parcelas 13-14 do quinteiro 1206 (praza Maior números 4 e 5) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia (PEPRI), formulado pola mercantil Ninpe 2012, S.L., representada por Juan Carlos Penín Villar e redactado polo arquitecto Gerardo García-Boente Carro (artigo 80.2 da LSG).

Segundo. Proceder á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo, publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste estudo de detalle á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG, a que fai referencia o anterior acordo, proceder á remisión dun exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición e requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, procederase á publicación do anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificar este acordo aos interesados e indicarlles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que xulguen conveniente ao seu dereito.

Así mesmo, o Pleno da Corporación, adoptou os acordos que a seguir se detallan nas seguintes sesións:

Sesión que tivo lugar o día 27.5.2021:

Primeiro. Aprobar, en cumprimento do establecido na disposición transitoria primeira das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, aprobadas pola Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de data do 10 de outubro de 2019 (DOG nº 224, do 25 de novembro), a adaptación a elas do estudo de detalle de agregación das parcelas 13-14 do quinteiro 1206 (praza Maior números 4 e 5) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia (PEPRI), formulado pola mercantil Ninpe 2012, S.L., representada por Juan Carlos Penín Villar e redactado polo arquitecto don Gerardo García-Boente Carro, aprobado definitivamente polo Acordo plenario de data do 30.12.2020.

Segundo. Proceder á publicación deste acordo no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo, publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste estudo de detalle á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG, a que fai referencia o anterior acordo, proceder á remisión dun exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición é requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, procederase á publicación do anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificar este acordo aos interesados e indicarlles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que xulguen conveniente ao seu dereito.

Sesión que tivo lugar o día 30-12-2021:

Primeiro. De conformidade co informe do Servizo Municipal de Arquitectura de data do 16.11.2021 en que pon de manifesto a subsanación das deficiencias sinaladas no seu anterior informe de data do 1.7.2021, aprobar, en cumprimento do establecido na disposición transitoria primeira das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, aprobadas pola Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de data do 10 de outubro de 2019 (DOG nº 224, do 25 de novembro de 2019), a adaptación a elas do estudo de detalle de agregación das parcelas 13-14 do quinteiro 1206 (praza Maior números 4 e 5) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia (PEPRI), formulado pola mercantil Ninpe 2012, S.L., representada por Juan Carlos Penín Villar e redactado polo arquitecto Gerardo García-Boente Carro, aprobado definitivamente polo Acordo plenario de data do 30.12.2020.

Segundo. Proceder á publicación deste acordo no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo, publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste estudo de detalle á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG, a que fai referencia o anterior acordo, proceder á remisión dun exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición é requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, procederase á publicación do anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificar este acordo aos interesados e indicarlles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que xulguen conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:

http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 26 de xaneiro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2973/2021)
Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza: Economía
e Recursos Humanos, en substitución do tenente de alcaldesa delegado
da Área de Sostibilidade Urbana