1. Entidade adxudicadora.
Xunta de Galicia, Consellería de Facenda e Administración Pública.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: compravenda.
Descrición do obxecto: local comercial en planta baixa (segundo características e localización conforme o prego de condicións) no concello de Santiago de Compostela, de entre 500 e 800 m² construídos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Concurso público, tramitado mediante o procedemento de urxencia.
4. Orzamento base da licitación.
Importe total: 800.000 € (máis impostos).
5. Obtención de documentación e información.
Subdirección Xeral do Patrimonio. Consellería de Facenda e Administración Pública.
Rúa Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela.
Teléfono: 981 54 41 51.
Web: https://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/concursos/compras
Correo electrónico: ax.patrimonial.facenda@xunta.gal
6. Presentación das ofertas.
Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ao da publicación do presente anuncio.
Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.
Lugar de presentación: rexistro xeral da Xunta de Galicia ou calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
7. Apertura das ofertas.
Data: 14 de marzo de 2022.
Hora: 10.00 horas.
Lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda e Administración Pública en San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.
8. Gastos do anuncio.
Serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2022
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería
de Facenda e Administración Pública