Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2022 Páx. 11509

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2022

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables, cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Establecer as bases da colaboración entre o Inega e a Consellería do Medio Rural para impulsar o emprego das enerxías renovables nos centros que se están renovando actualmente por parte da Consellería ou que se pretenden construír novos no período 2021-2022, que pretenden integrar puntos de encontro de brigadas forestais, oficinas agrarias comarcais e distritos forestais, relacionados no anexo I do convenio.

17.9.2021

75.000,00 €

Terceira addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., para o despregamento da rede de vixilancia dos espazos forestais de Galicia, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, para a mellora da rede de videovixilancia forestal dos espazos forestais de Galicia, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020

A ampliación da Rede de vixilancia de espazos forestais de Galicia (coa súa

operación funcional e/ou técnica e xestión), así como a prestación dos correspondentes servizos de albergamento e de conectividade prestados por Retegal en 10 novos centros de telecomunicacións de titularidade pública

xestionados por Retegal que xa dispoñen de conectividade, segundo as súas

necesidades e definicións.

14.12.2021

300.442,28 €

Addenda ao Acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o financiamento e sustentabilidade de sistemas de información de xestión de incendios

1. A modificación da vixencia do acordo de colaboración de xeito que a súa vixencia se estenda ata o 31 de decembro de 2023.

2. A modificación da cláusula segunda do acordo (Financiamento), de xeito que se incremente o importe que deberá chegar a Consellería do Medio Rural.

3. A actualización dos membros da Comisión de Seguimento.

4. O desenvolvemento, evolutivo, explotación e soporte amplíase respecto do acordo inicial.

17.9.2021

1.500.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as deputacións provinciais da Coruña e Lugo, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais

Colaborar no desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais como grupos operativos en emerxencias de ámbito supramunicipal, para completar o mapa de emerxencias das provincias da Coruña e Lugo, a súa participación en tarefas de prevención de incendios e a colaboración na extinción de incendios forestais.

30.12.2021

1.575.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Deputación Provincial de Ourense, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais

Colaborar no desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais como grupos operativos en emerxencias de ámbito supramunicipal, para completar o mapa de emerxencias da provincia de Ourense, a súa participación en tarefas de prevención de incendios e a colaboración na extinción de incendios forestais.

30.12.2021

5.024.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Deputación Provincial de Pontevedra, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais

Colaborar no desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais como grupos operativos en emerxencias de ámbito supramunicipal, para completar o mapa de emerxencias da provincia de Pontevedra, a súa participación en tarefas de prevención de incendios e a colaboración na extinción de incendios forestais.

30.12.2021

1.925.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e a Fundación Arume, para o impulso á xestión forestal activa

Regular o marco común de colaboración entre as institucións asinantes para apoiar o sector forestal en Galicia, dun xeito sustentable, a través do:

– Reforzamento das liñas de investigación en materia de mellora xenética forestal, especialmente dos piñeiros.

– Posta en marcha dun programa de produción vexetativa de piñeiro, mediante:

técnicas de embrioxénese somática

Técnicas de estacaxe de planta forestal de alto valor xenético, dirixido aos entes provedores deste material en Galicia.

– Impulso ás iniciativas de mitigación do cambio climático.

– Fomento e divulgación entre os titulares, xestores e empresas de servizos e aproveitamento das vantaxes no uso deste material, así como da importancia das repoboacións forestais nun contexto de descarbonización e loita contra o cambio climático.

24.9.2021

5.700,50 €

Addenda de prórroga e modificación do Convenio entre a Entidade Estatal de Seguros Agrarios, O.A. e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, para o intercambio de datos para os efectos da xestión e control de subvencións aos seguros agrarios dos beneficiarios da súa comunidade

Acordar a prórroga do Convenio subscrito por

Enesa e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia o 22 de decembro de 2017, así como recoller as modificacións detalladas nas cláusulas da addenda.

13.12.2021

Sen achega económica

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Abegondo para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de reparación de camiño de A Calle a Damil (AB-0364).

7.10.2021

94.938,71 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Coirós para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de vías rurais en Meixonfrío e outros.

5.10.2021

48.019,36 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Coristanco para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de afirmado e mellora da capa de rodaxe de camiños rurais.

7.10.2021

44.999,33 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Curtis para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de reforzo do firme da calzada con MBC no camiño de Paradela a Paradela de Abaixo.

5.10.2021

48.381,05 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Dodro para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de acondicionamento de rueiro en Barreiros e outros.

8.10.2021

48.332,20 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Laracha para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de afirmado e mellora da capa de rodaxe de camiños rurais na parroquia de Caión.

7.10.2021

44.290,32 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Laxe para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais.

6.10.2021

32.096,47 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Lousame para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora do acceso ao miradoiro do monte Muralla.

5.10.2021

48.399,36 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Muros para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de pavimentación do camiño ao cemiterio Solleiros, Muros.

5.10.2021

44.999,75 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ordes para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora da capa de rodaxe no acceso a Meitufe de Arriba.

5.10.2021

48.399,83 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Porto do Son para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de ampliación da rede de saneamento en Beneso-Eiravedra, parroquia de Goiáns.

5.10.2021

45.900,42 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Santa Comba para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de pavimentación de accesos a instalacións de bombeo a depósito de Santa Comba e a depósito de subministración de auga en Padreiro.

7.10.2021

45.511,21 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Tordoia para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais.

7.10.2021

48.395,12 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Trazo para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora do camiño da estrada CP5903 a campo de fútbol.

5.10.2021

44.900,41 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Zas para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais O Candal, Gomarís-Baio e pistas nas Bouzas.

6.10.2021

48.376,10 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Begonte para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de acondicionamento de camiños municipais na parroquia de Carral (San Martiño).

7.10.2021

48.397,06 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Castro de Rei para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de accesos desde a LU-P-1107, en San Xiao de Mos, ata a LU-P-1611, no Matodoso.

5.10.2021

48.387,08 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Chantada para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais.

6.10.2021

98.316,22 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Corgo para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de acondicionamento de pistas municipais: acceso a núcleos en San Pedro de Farnadeiros.

7.10.2021

42.781,80 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Friol para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora e mantemento de camiño municipal na parroquia de Anafreita (San Pedro).

5.10.2021

45.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Guntín para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de reparación de vía de acceso de Grolos a Mougán.

7.10.2021

39.999,82 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Incio para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mantemento e mellora de camiños en Laiosa e Valbón.

7.10.2021

48.382,82 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Mondoñedo para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de acondicionamento de camiños municipais na parroquia de Santa María Maior.

5.10.2021

48.265,61 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Monterroso para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños no concello de Monterroso.

6.10.2021

39.935,81 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello das Nogais para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de reforzo do firme de vías municipais.

5.10.2021

48.399,99 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Outeiro de Rei para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de acondicionamento de camiños municipais nas parroquias de Caboi (San Martiño) e Mosteiro (San Salvador).

5.10.2021

47.930,16 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Pantón para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais en Atán.

5.10.2021

39.999,71 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Páramo para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de reforzo do firme do camiño da ponte sobre o río Miño a Santa Andrea, p.q. 0,030/0,555.

7.10.2021

47.516,70 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Portomarín para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de reafirmado do camiño de acceso ao núcleo de Soengas de Abaixo.

5.10.2021

48.392,36 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Quiroga para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños de accesos a núcleos.

6.10.2021

48.397,57 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Riotorto para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de accesos desde Teixeiro a Espasande de Abaixo.

5.10.2021

41.875,27 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Sober para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de afirmado e pavimentación dos accesos das Casas, A Veiga e Camiño do Pital.

6.10.2021

48.291,37 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Xove para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de acondicionamento e mellora da vía praia de Portocelo-Vilapol.

5.10.2021

48.375,01 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Baltar para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais.

6.10.2021

48.399,99 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Bande para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais no núcleo rural de Pereira, Bande.

5.10.2021

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Beariz para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais.

5.10.2021

37.897,20 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Bolo para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora da estrada de San Pedro dos Nabos.

6.10.2021

48.288,96 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Carballeda de Valdeorras para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de acondicionamento dun treito do camiño de Santiago coincidente coa estrada OU-0801 O Barco-Sobradelo.

5.10.2021

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Castrelo de Miño para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora da capa de rodaxe do camiño de Meizo a Velorio de Macendo.

6.10.2021

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cortegada para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de reconstrución de muros de apoio de camiños de titularidade municipal.

6.10.2021

48.399,78 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cualedro para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de afirmado asfáltico de pistas de acceso a explotacións en Cualedro.

5.10.2021

47.900,69 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Gudiña para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais de acceso ao núcleo do Seixo.

6.10.2021

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Irixo para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.

7.10.2021

48.392,59 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Leiro para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiño Fondón en Orega e outros.

5.10.2021

45.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Lobios para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais.

5.10.2021

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Montederramo para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños rurais.

5.10.2021

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Monterrei para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora da pista de Vilaza á estrada de Medeiros.

7.10.2021

47.992,34 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Nogueira de Ramuín para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de execución de muros de contención en noiros de camiño rural en Ramuín.

7.10.2021

48.322,78 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Pereiro de Aguiar para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais.

5.10.2021

47.834,08 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Peroxa para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de acondicionamento de camiños rurais.

7.10.2021

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Rúa para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de acondicionamento de camiños da Queimada e da Veiguiña.

5.10.2021

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Toén para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de humanización da contorna da Igrexa de Feá.

5.10.2021

48.370,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Veiga para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de Petada no camiño rural en Prada.

7.10.2021

48.399,99 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Xinzo de Limia para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de arranxo da ponte do río Limia en Solveira.

8.10.2021

31.430,67 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Xunqueira de Espadanedo para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de pistas de acceso a explotacións agrarias en Xunqueira de Espadanedo.

5.10.2021

47.994,52 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Campo Lameiro para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de actuacións no camiño de Lamosa Muimenta.

7.10.2021

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Catoira para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de pavimentación de camiños Borreiros-Devesa e Abalo-Bamio.

6.10.2021

39.277,58 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de accesos Covas-Os Palleiros (Tenorio).

7.10.2021

48.360,81 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Crecente para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais en Padrosos (Ameixeira), Capela (Albeos) e Alboredos (Ribeira).

6.10.2021

48.399,96 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Dozón para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora da pavimentación do acceso a Vilarello.

5.10.2021

48.164,30 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Estrada para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de vía municipal en Rubín.

7.10.2021

48.397,98 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Lalín para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de reforzo firme de Vilariño a Requeixo.

18.10.2021

47.599,26 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Moraña para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de pavimentación e canalización no núcleo rural da Bouza.

5.10.2021

48.347,95 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello das Neves para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora da pavimentación do camiño rural da Caíña a Pousadouro.

5.10.2021

48.399,52 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o concello de Oia para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais nas parroquias de Loureza, Mougás e Oia.

5.10.2021

48.110,34 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Portas para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora do camiño Tras do Río-Almirante.

5.10.2021

47.189,87 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ribadumia para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de muro e ampliación de camiño municipal no lugar de Outeiro.

5.10.2021

39.993,71 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Rodeiro para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora da pavimentación en Carboentes.

6.10.2021

47.799,80 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de accesos O Fondal (Pesqueiras)-Codesás (Salvaterra).

7.10.2021

48.291,71 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilanova de Arousa para a realización de obras de infraestrutura rural

Execución da obra de mellora de camiños municipais na parroquia de Baión.

7.10.2021

48.058,91 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e os concellos incluídos no Plan estratéxico do sector agrario da Limia para a reparación de camiños rurais

Execución das obras relativas á reparación de camiños rurais titularidade dos concellos incluídos no Plan estratéxico do sector agrario da Limia, conforme o Plan extraordinario de infraestruturas agrarias 2021.

15.11.2021

600.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e as comunidades de regantes de Lamas-Ganade, Corno do Monte, Alta Limia e San Salvador de Sabucedo para a modernización de regadíos

Establecemento das condicións técnicas e financeiras para a execución das obras de sondaxe e construción de 42 pozos para captación de augas subterráneas das comunidades de regantes da Limia (Ourense) de San Salvador de Sabucedo, Lamas Ganade, Corno do Monte e Alta Limia.

13.12.2021

3.712.930,73 €