Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2022 Páx. 11341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lle notifica a unha persoa interesada a comunicación de modificación de domicilio en relación coas bases definitivas da zona de reestruturación parcelaria de Romai (Portas-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa (telf.: 986 80 54 40).

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día da súa publicación.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

219

35449162K

Comunicación modificación domicilio