En cumprimento do disposto no artigo 55.2 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de xaneiro de 2022, co seguinte texto literal:
«Declarar unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Ferrol, conforme a delimitación que se indica no plano anexo».
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2022
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo