Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2022 Páx. 11128

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle sobre a intersección N-532, punto quilométrico 1+600.

Mediante o acordo da Xunta de Goberno Local do 20 de decembro de 2021 adoptouse o seguinte:

Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle sobre a intersección N-532, p.q. 1+600, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos José Gabriel Carrajo López e presentado con data do 13.10.2021 no rexistro electrónico deste concello por Ana Álvarez García, en nome e representación de Desarrollos Inmobiliarios Orensanos, S.L. (Dinor, S.L).

Segundo. De acordo co disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 194.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da citada lei, someter o expediente administrativo ao trámite de información pública durante o prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como realizar a publicidade telemática de acordo co disposto no artigo 70.ter da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.

Notificar individualmente todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados polo ámbito do estudo de detalle.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspender o procedemento de outorgamento de licenzas de edificación e demolición en todo o ámbito do estudo de detalle.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Cuarto. Dar cumprimento ao resto de trámites legalmente exixidos para acadar a aprobación definitiva do estudo de detalle.

Por conseguinte, durante o prazo dun mes, que comezará a contar desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente administrativo quedará á disposición de calquera que queira examinalo no Servizo de Urbanismo do Concello de Verín, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (https://verin.sedelectronica.gal), para que se formulen as alegacións que se consideren oportunas.

Verín, 8 de febreiro de 2022

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde