Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2022 Páx. 11025

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021 pola que acorda publicar o orzamento para o exercicio do ano 2022.

O Consello Social da Universidade da Coruña, na reunión que tivo lugar o día 16 de decembro de 2021, e de conformidade co disposto no artigo 20.1 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril), e no artigo 4.c) da Lei 1/2003, do 9 de maio, de consellos sociais do Sistema universitario de Galicia, acordou aprobar o orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2022.

Esta reitoría, consonte o disposto no artigo 81.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril), resolve publicar o devandito orzamento, que acada a contía inicial no estado de ingresos e gastos de 147.925.010,60 euros, segundo o detalle anexo.

A Coruña, 17 de decembro de 2021

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Clasificación económica

Resumo por capítulos

Ingresos

2022

Capítulo III. Taxas, prezos públicos e outros ingresos

17.013.400,00

Capítulo IV. Transferencias correntes

103.352.387,15

Capítulo V. Ingresos patrimoniais

330.000,00

Capítulo VII. Transferencias de capital

26.712.062,77

Capítulo VIII. Activos financeiros

517.160,68

Total orzamento de ingresos 2022

147.925.010,60

Gastos

2022

Capítulo I. Gastos de persoal

103.843.761,31

Capítulo II. Gastos correntes en bens e servizos

18.664.206,41

Capítulo III. Gastos financeiros

28.000,00

Capítulo IV. Transferencias correntes

4.668.780,06

Capítulo V. Fondo de Continxencia

500.000,00

Capítulo VI. Investimentos reais

19.997.379,06

Capítulo IX. Variación de pasivos financeiros

222.883,76

Total orzamento de gastos 2022

147.925.010,60