Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2022 Páx. 11114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación de trámite de audiencia da zona de concentración parcelaria de Faramontaos-Proente (A Merca-Ourense).

Consonte o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) cuxa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, 4 e 6, baixo) Ourense, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir unha axeitada atención, con anterioridade á referida comparecencia deberá concertar unha cita previa a través do teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 24 de xaneiro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Nº de propietario/a

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

34976098K

402

Trámite de audiencia

Faramontaos-Proente (A Merca-Ourense)

76679860E

341

Trámite de audiencia

Faramontaos-Proente (A Merca-Ourense)