Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2022 Páx. 11104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a iniciación dun expediente para a posible clasificación do monte das Carballas (ampliación), na parroquia de Ortoá, concello de Sarria (expediente 4/2021).

Ante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

– Expediente: 4/2021.

– Denominación: As Carballas (ampliación).

– Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Ortoá.

– Parroquia: Ortoá.

– Concello: Sarria.

– Superficie: 0,967 hectáreas.

Na seguinte táboa, indícanse as parcelas obxecto de clasificación e as súas estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

27057A02201187

27057A02201188

Norte

27057D50200112

Leste

27057D50200116

27057A02209043

27057A02200391

27057A02200388

Sur

27057A02200328

27057A02200390

Oeste

27057A02200389

27057A02200387

27057A02200317

27057A02209043

En virtude do acordado polo Xurado na sesión do 2.6.2021 e en cumprimento da orde da instrutora, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 20 de xaneiro de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file