Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2022 Páx. 10883

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO polo que e convoca o proceso de provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a do Servizo de Secretaría e Asuntos Xerais, e se dá publicidade das bases reguladoras.

No Boletín Oficial da provincia número 24, do 4 febreiro de 2022, publicáronse as bases do proceso selectivo convocado para a provisión do posto de traballo de xefatura de servizo no Servizo de Secretaría e Asuntos Xerais, polo sistema de libre designación.

O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A resolución da convocatoria, co nomeamento da persoa seleccionada, publicarase no BOP de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra e na sede electrónica do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 4 de febreiro de 2022

O alcalde
P.D. (Acordo da Alcaldía do 5.2.2021)
José Manuel González Abal
Director xeral de Recursos Humanos