Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2022 Páx. 10864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Ourense, pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio deste anuncio e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación polo medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución non pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos 30 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOE, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Durante este prazo, a persoa interesada poderase presentar ante a oficina de emprego de Ourense-A Ponte, situada na rúa San Francisco Blanco, nº 2, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírtese á persoa interesada de que, se non formula o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 27 de xaneiro de 2022

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa
interesada

Nº de expediente

Preceptos
infrinxidos

Preceptos
sancionadores

Proposta de sanción

X7919142N

X7919142N/23-09-2021/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/ subsidio por desemprego