Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2022 Páx. 10860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON807, CT Alborés Grande, no concello de Nigrán.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON807, CT Alborés Grande, no concello de Nigrán, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 26 de xaneiro de 2026

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Gema Mouriño de Lucas
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/240-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS GON807, CT Alborés Grande.

Concello: Nigrán.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

54035A002001130000HO

Alborés Grande

Descoñecida

3 de marzo de 2022

12.00