Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS ATI726 CT Atios-A Guía, de acordo co disposto no artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase a persoa afectada pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS ATI726 CT Atios-A Guía, no concello do Porriño, que figura no cadro anexo.

O interesado poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Vigo. Na solicitude deberá achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 24 de xaneiro de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1
do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Gema Mouriño de Luca
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/58-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS ATI726 CT Atios-A Guía.

Concello: O Porriño.

Predio

Titularidade

Data de ocupación

Depósito previo

1

Iñaki Teixeira Rodríguez

27 de decembro de 2021

2021/54/323