Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, de acordo co disposto no artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, no concello de Vigo, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Vigo. Na solicitude deberá achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 24 de xaneiro de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Gema Mouriño de Lucas
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/199-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II.

Concello: Vigo.

Predio

Titularidade

Data ocupación

Depósito previo

1

Hros. José Lino Fernández Alonso

8 de febreiro de 2022

2022/54/8

3

Descoñecido

8 de febreiro de 2022

2022/54/6