Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar as resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2011/00024 e dous máis).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditaron resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, se é o caso, poidan consultalos na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida de La Habana, nº 79, 1º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 26 de xaneiro de 2022

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

NIF/equivalente

OU-2011/00024

44453082Q

OU-2011/00137

Y1883281D

OU-2011/00137

76712902J

OU-2017/00164

34965372J