Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador CAZ-PO-0079/2021.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avda. María Victoria Moreno, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 25 de xaneiro 2022

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado polo

CAZ-PO-0079/2021

76816293L

Incoación

Xefe territorial