Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 9 de febreiro de 2022 Páx. 10254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente 2021/23 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: cambio de localización do CT 11920 Sargadelos e soterramento da LAT 20 kV Espiñeirido_1 (VAN 3009993199) V.2.

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Características técnicas principais:

• Centro de transformación prefabricado Sargadelos, cunha potencia máxima de 630 kVA e unha potencia instalada de 50 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, e relación de transformación de 20.000/400 V.

• Soterramento dun tramo da LAT aérea Espiñeirido 1 a 20 kV, de entrada e saída ao CT Sargadelos proxectado, cunha lonxitude de 155 m en condutor RHZ1 240 mm, con orixe e fin nos apoios 1 e 2 proxectados, nos cales se instalarán conversións de aéreo a soterrado. Retensado do condutor existente entre o apoio 1 proxectado e o apoio 234824 existente (59 m), e entre o apoio 2 proxectado e o apoio 234821 existente da LAT Espiñeirido 1 (62 m).

• Desmantelamento do CT 11920 Sargadelos existente e do treito da LAT aérea Espiñeirido 1 que se soterra, entre o apoio 1 e o 2 proxectados.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70), referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 31 de xaneiro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Apoio (m2)

LMTS (m2)

CT (m2)

Oc. perm. obra (m2)

Oc. temp. obra (m2)

1

Descoñecido

38

657

Monte Sargadelos

Prado

9

25

29

47

87