Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 9 de febreiro de 2022 Páx. 10274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se notifica a resolución do expediente RR/DXPN/CMATV/2021/00013 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións dos recursos.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2022

María Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

RR/DXPN/CMATV/2021/00013

Carlos Alejandro Ljungmann

Resolución recurso de alzada

RA/DXCAA/CMATV/2021/00034

Manuel Bouzón Martínez

Resolución recurso de alzada

RA/IGVS/CMATV/2021/00295

Comunidade de Propietarios Edificio Vergel, portal 4

Resolución recurso de alzada

RA/IGVS/CMATV/2021/00334

Oliva Pereira González

Resolución recurso de alzada

RA/IGVS/CMATV/2021/00340

Gustavo Adolfo Rodríguez Pérez

Resolución recurso de alzada