Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 9 de febreiro de 2022 Páx. 10196

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 20 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT300A).

BDNS (Identif.): 609048.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán solicitar as axudas as asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, legalmente constituídas, e que teñan como obxecto principal o desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación xacobea.

Segundo. Obxecto e réxime

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a estabilidade e consolidación das asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e aqueloutras entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, como entidades imprescindibles no fomento da peregrinación xacobea, na acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago e na promoción da cultura xacobea, con dúas liñas de actuación:

Liña 1: proxectos relacionados coa acollida aos peregrinos que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia: nesta liña subvencionaranse accións de dotación de servizos, accesibilidade, novas tecnoloxías e sustentabilidade ambiental, formación e programas de hospitaleiros voluntarios e accións de mellora de albergues.

Liña 2: proxectos relacionados co estudo e documentación do fito Xacobeo, coa difusión da Cultura Xacobea e publicacións relativas á difusión da Cultura Xacobea.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 20 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT300A).

Cuarto. Importe

Estas subvencións imputaranse á aplicación orzamentaria 05.A2.761A.781.0, proxecto 2015 00005, cun crédito de 150.000 €, 50.000 € para a liña 1 e 100.000 € para a liña 2, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Sexto. Prazo de xustificación da subvención

O prazo de xustificación das presentes axudas remata o 31 de outubro de 2022.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022

A directora da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Artigo 19.6 Estatutos da Axencia Turismo de Galicia,
aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro)
Emilio José de la Iglesia Lema
Xerente de Turismo de Galicia