Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 9 de febreiro de 2022 Páx. 10232

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Infraestruturas, Arquitecturas Tecnolóxicas e Soporte a Usuarios da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información, convocada mediante a Resolución do 1 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 239, do 15 de decembro).

Convocada mediante a Resolución do 1 de decembro de 2021 (DOG nº 239, do 15 de decembro), a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Infraestruturas, Arquitecturas Tecnolóxicas e Soporte a Usuarios da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Infraestruturas, Arquitecturas Tecnolóxicas e Soporte a Usuarios da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, convocada mediante a Resolución do 1 de decembro de 2021 (DOG nº 239, do 15 de decembro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base oitava, o/a candidato/a nomeado/a será avaliado/a, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O/a aspirante nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2022

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

Posto: xefe/a do Servizo de Infraestruturas, Arquitecturas Tecnolóxicas e Soporte a Usuarios da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Nome e apelidos: Nicolás del Río Núñez.

DNI (*): ***1149**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.