Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 8 de febreiro de 2022 Páx. 9597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2022 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia na resolución do procedemento de reintegro de axuda e perda do dereito ao cobramento parcial do expediente 0610/27/2017/050335/01.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución do procedemento de reintegro de axuda e perda do dereito ao cobramento parcial do importe das axudas das que foi beneficiaria, por resultar infrutuosos os diferentes intentos realizados por correo certificado, ademais da súa posta a disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) sita na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto notificado

0610/27/2017/050335/01

33540724P

Resolución do procedemento de reintegro da axuda e perda do dereito ao cobramento parcial.